versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Medioambiente, denuncia e deporte para Brión da man do Esquío no Piñeiro

[15/01/2014]

A asociación cultural, medioambiental e deportiva O Esquío no Piñeiro leva xa máis de cinco anos a dinamizar a vida social do Concello de Brión, onde está radicada e, como din no seu blog (oesquio.blogspot.com.es), dun xeito “sen ánimo de lucro, autoxestionada e totalmente independente”. Así, impulsan non só actividades para a vecindade, senón tamén un foro onde denunciar desfeitas, como o lixo atopado o pasado ano no río Traba, entre Forxán e Viceso.

Deste xeito, no Esquío amosanse “convencidos de que a presión pública é un dos mecanismos mais efectivos para producir cambios necesarios para a mellor protección do plantea”, polo que puxeron en marcha un apartado de fotodenuncias. A súa intención pasa por “implicar a toda a cidadanía para frear a crecente degradación do medioambiente do planeta”.

Entre as súas últimas actividades figura o apadriñamento de árbores dirixida “a mozos de 12 a 30 anos de idade, alumnos da ESO e Bacharelato e relacionados coa educación social e a non formal”.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion