versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os alumnos do programa InserAmes Brión inician este mes o seu período de prácticas

[12/01/2014]

Nove alumnos do curso de atención e coidados especializados a persoas dependentes do programa InserAmes Brión serán os primeiros en iniciar o seu período de prácticas en cinco entidades dos concellos de Ames e Compostela. En total, este programa ofrece formación para o emprego a un total de 80 persoas cun orzamento total de 160.000 euros.

Até o momento, InserAmes Brión puxo en marcha unha ducia de accións de formación, que levan a cabo no Centro de Formación e Emprego de Ames e no Centro de Servizos Múltiples, así como na aula Cemit de Brión.

Entre as especialidades ofertadas atópanse operario de almacén e atención e coidados especializados a persoas dependentes, con duascentas horas de formación cada un. Tamén se puxo en marcha o curso de operario de caixa e reponedor, de 126 horas, e o de eficiencia enerxética en edificios, de 50 horas. Así mesmo, ofrecéronse seminarios de informática básica (24 horas), inglés (40 horas) e manipulador de alimentos (40 horas). A maiores celebrouse unha xornada de autoemprego e un curso de xestión de equipos de traballo.

Mellorar a inserción laboral

O obxectivo do programa InserAmes Brión é mellorar a empleabilidad dos participantes e aumentar as súas opcións de acceder a un posto de traballo. O perfil dos participantes é principalmente o de menor de 30 anos en situación de desemprego e mulleres que contan cunha baixa cualificación, aínda que as accións tamén están abertas a outros colectivos que se atopen con dificultades especiais para acceder ao mercado laboral.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion