versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión crea un servizo de doazóns solidarias non alimenticias por Internet

[09/01/2014]

O Concello exercerá de ponte entre os veciños que entreguen material e quen o necesiten. O Concello de Brión decidiu incrementar a capacidade de intervención do seu programa solidario, que até o momento dedicábase a recoller alimentos para a súa repartición entre as familias con menos recursos.

A partir de agora, e sempre baixo a supervisión do persoal técnico de Servizos Sociais, nace Rede Brión Solidario, que articulará a entrega altruísta de produtos non perecedoiros como roupa, material escolar, libros, enxoval e mobiliario básico, entre outros obxectos que resultan inalcanzables para persoas con recursos limitados. O rexedor brionés, Xosé Luís García, explica que «moitas familias de Brión vense imposibilitadas á hora de adquirir moitos artigos e por outro lado a todos nos pasou algunha vez que queremos desfacernos desas cousas que xa non nos fan falta pero que aínda están en bo uso».

As persoas que dispoñan de obxectos aproveitables simplemente teñen que dirixirse ao departamento de Servizos Sociais e cubrir unha folla de inscrición nas que só teñen que indicar os seus datos persoais e unha dirección de correo electrónico de uso habitual. E a estes acenos remitiranse as mensaxes sobre necesidades concretas facendo mención explícita do tipo de produto que se necesita e en que prazo hai que cubrir a súa demanda.

O alcalde convida a todos os veciños a participar porque «non require un gran esforzo e tampouco desembolso económico ningún», xa que ningunha das persoas que se inscriba ten obrigación de entregar nada. García confía en que a nova campaña solidaria de Concello teña éxito, como xa ocorreu coa recollida de alimentos porque, argumenta, «grazas á solidariedade veciñal, coidamos que non houbo en Brión ningunha familia que quedase sen celebrar ou Nadal nos últimos dous anos».

REQUISITOS

Maiores de idade ou autorizados

O único requisito que esixe o Concello para formar parte da rede é que os seus membros sexan maiores de idade. Se teñen entre 16 e 18 anos poderán pertencer se presentan unha autorización. A participación dos menores pode facerse a través dos seus pais ou titores, que si terán que pertencer ao programa Rede Brión Solidario.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion