versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión licita por dous anos e case cen mil euros a limpeza do colexio de Pedrouzos

[01/10/2013]

O Concello de Brión iniciou o trámite administrativo para licitar o contrato de limpeza do colexio de infantil de Pedrouzos por un custo bianual que rolda os cen mil euros, coa posibilidade de que o contrato se amplíe polo mesmo período.

O custo anual máximo pola prestación do servizo, sen incluír IVE, ascende a corenta mil euros. Entre os criterios de adxudicación do contrato, que fixa un baremo máximo de noventa puntos, a oferta económica supón 25 puntos, cunha valoración complementaria polo custo máis axustado das horas extras do persoal. As empresas interesadas en optar ao contrato teñen menos de dúas semanas para presentar as súas ofertas.

O servizo terá que ser diario, e sempre antes do inicio das clases. A empresa contratada terá que achegar o material sanitario. E antes do inicio de curso deberá facer unha limpeza xeral.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion