versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

García: -Santa Minia é a festa de todos os brioneses-

[26/09/2013]

O rexedor habilitou amplos aparcamentos preto da carballeira e totalmente gratuitos. O Concello de Brión é o encargado de organizar as festas de Santa Minia. Para cubrir o presuposto, contan coas aportacións de todos os postos que se ubican na carballeira, e o resto é cuberto polo Concello.

“Isto é así porque estamos a falar da festa do todo o municipio de Brión, e a romaría da comarca e unha das máis grandes de Galicia, polo que non tería sentido que a pagaran os veciños”, afirma Xosé Luis García García, alcalde de Brión.

Á hora de elaborar a programación, tívose en conta a actual situación de crise, “polo que foi necesario adaptarse e tratar de gastar o menos posible. Ainda así, creo que as festas teñen o necesario para que todo o mundo o pase ben: atraccións para nenos e maiores, os fogos artificiais e as mellores orquestas, sin esquecerse dos pulpeiros que como sempre pagan a orquesta do sábado”.

Sinala o alcalde que, para maior comodidade dos visitantes, haberá amplos aparcamentos moi preto do campo da festa e de xeito gratuito.

A de Santa Minia é unha romaría á que acode xente de moitos lugares de toda Galicia, donde antes incluso quedaban aquí a durmir. Xosé Luis García nombra de xeito especial aos procedentes da zona de Vigo (“o que se explica polo feito de que foi a esa cidade a donde chegou Santa Minia procedente de Cádiz”) e tamén da zona de Ferrol, que son visitantes asiduos cada ano.

Polo que atinxe á previsión de visitantes, di o alcalde que é moi difícil de prever, pero sí se sabe que serán moitos: “Os mesmos pulpeiros falan de que non se soe baixar das dez toneladas de polbo que se vende en cada edición das festas, e pensan que este ano por ahí andará a cousa”.

Para finalizar, Xosé Luis García invita a todo o mundo a acudir a Brión “nestas datas tan sinaladas. Haberá aparcamentos suficientes para que todo o que o desexe poida vir a disfrutar das actividades que organizamos e a rendir homenaxe a Santa Minia, así como a degustar, como non, o polbo”.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion