versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Cinco destacadas orquestras na festa de Santa Minia

[26/09/2013]

A organización espera a chegada de milleiros de visitantes durante os tres días dos fastos. A localidade coruñesa de Brión celebra desde hoxe e hasta o sábado, día 28, a Romaría de Santa Minia, que atrae á vila a numerosos visitantes de toda Galicia.

Aínda que os oficios relixiosos comenzaron xa o o luns, día 17, coa novena, os actos festivos comenzan na xornada de hoxe, coa celebración de misas rezadas na honra a Santa Minia, ás 9.00 e ás 12.00 horas. Ás 12.00 horas, actuará a charanga Mekánica e, a partir das 14.00 horas, terá lugar a sesión vermú, que estará ameniza pola orquestra Triunfo.

Pola tarde, haberá máis misas cada hora desde ás 18.00 ata ás 20.00 horas. Ás 17.00 horas, volverá a actuar a charanga Mekánica e ás 19.00 horas, tocaralle o turno a Cé Orquestra Pantasma. Pola noite verbena, coas orquestras Triunfo e El Combo Dominicano. A medianoite haberá una espectacular sesión de fogos de artificio, coa Queima da Fachada.

VENRES, 27. Esta xornada festiva ábrese coa actuación dun cuarteto de gaitas. Pola mañán haberá cada hora a partir das 9.00 h, e as 13.00 horas, misa solemne na honra de Santa Minia. Ás 12.00 horas actuará a charanga Mekánica, ao que lle seguirá a sesión vermú coa orquestra Fania Blanco Show.

Ás 17.00 horas, haberá animación na rúa a cargo de Cego de Antares. A partir das 17.00 h e ata as 20.00 horas, haberá misas rezadas cada hora. Ás 17.00 horas haberá unha nova actuación da charanga Mekánica e, ás 19.00 horas, tocaralle o turno a Festicultores Troupe.

Pola noite haberá unha gran verbena, que estará amenizada polas orquestras Fania Blanco Show e Ceniza.

SÁBADO, 28. Neste último día da festa de Santa Minia en Brión, haberá misas ás 10.00 e ás 20.00 horas. Asimesmo, ás 10.00 horas, actuará a charanga Apeles, e ás 13.30 horas, comenzará o espectáculo Roi o Cagabolas.

Pola tarde, a partir das 18.30 horas, actuará, na praza do Concello, a Escola de Baile e Pandeireta de Brión. Unha hora máis tarde, terá lugar a actuación da agrupación musical Brisas da Croa.

A verbena nocturna, que comenzará a partir das 22.30 horas, estará nesta ocasión amenizada pola orquestra Tambo.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion