versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Agrupacións de renome animarán dende o xoves os festexos de Santa Minia

[24/09/2013]

Milleiros de romeiros achegaranse a Brión ata o sábado para participar nas misas. A tradicional romaría de Santa Minia arranca o xoves con tres xornadas de celebración nas que se espera a chegada de milleiros de visitantes. Na contorna instalarán pulpeiras e postos de venda de rosquillas, obxetos relixiosos e xoguetes para os nenos.

A víspera, o xoves, actuará pola tarde a Charanga Mekánica e haberá un espectáculo de Cé Orquestra Pantasma. Pola noite, a verbena estará protagonizada por El Combo Dominicano e Triunfo. Na medianoite, está programado un espectáculo de fogos coa queima da fachada de Santa Minia.

O día grande da festa, o venres, haberá misas cada hora dende as nove ata a unha do mediodía, sendo esta última a solemne. A sesión vermú estará amenizada pola orquestra Fania Blanco Show e, pola tarde, haberá animación na rúa. Xunto á orquestra do mediodía, pola noite actuará tamén Ceniza.

Xa o sábado, a charanga Os Celtas ofrecerá a súa música ás dez da mañá e á unha da tarde está previsto o concerto da banda de música municipal de Brión.

Pola tarde haberá un espectáculo de maxia e terá lugar a actuación da escola de baile e pandeireta da vila. A verbena nocturna correrá a cargo da orquestra Tambo.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion