versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os xinetes percorrerán de novo este domingo a ruta polo monte de Rañalonga

[19/09/2013]

A Festa do Cabalo de Brión contará cunha xincana, carreira de burros e exhibicións. O Concello de Brión acollerá o vindeiro domingo día 22 a XXXI edición da Festa do Cabalo que incluirá a tradicional ruta equina polo monte de Rañalonga. A xornada arrancará con esta ruta cabalar ás 10.30 horas na que se lle otorgará un trofeo ao xinete máis novo e tamén ao máis veterano, como é costume nesta celebración que se consolida ano tras ano.

O concurso de arrastre dará inicio ás 12.00 horas no que serán entregados tres premios. O xinete que obteña co seu cabalo o primeiro posto obterá un premio de 150 euros, ao segundo posto corresponderálle unha contía de 100 € e ao terceiro de 50 euros.

A celebración continuará cun xantar ás 14.00 horas, xa que haberá unha pulpeira privada no recinto para todos os que desexen gozar da xornada equina. A partir das 17.00 horas a asociación Festa do Cabalo ten preparada unha xincana na que se entregarán premios de 100, 75 e 50 euros para os tres primeiros postos. As mesmas contías serán repartidas entre os tres gañadores da carreira de burros, que terá lugar ao longo da tarde.

A continuación celebrarase unha exhibición de doma (o premio será de 100 euros), e o día rematará coa rapa das bestas.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion