versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión terá tres días de festa co reclamo de Santa Minia

[18/09/2013]

Os devotos de Santa Minia puideron participar onte nos primeiros oficios relixiosos da novena previa á romaría con maior reclamo da comarca de Santiago.

A programación festiva comezará o día 26, con actuacións de Charanga Mekánica, Triunfo, Cé Orquestra Pantasma, O Combo Dominicano e Triunfo. Na véspera da tradicional romaría tamén está programada a queima da fachada da pequena igrexa de Pedrouzos.

Un cuarteto tradicional de gaitas animará a contorna da carballeira desde primeira hora da mañá do venres 27, o día propio da romaría.

E mentres as misas vanse intercalando cada hora, a música soará grazas ao traballo de novo da Charanga Mekánica, Fania Branco Show, Cego de Antares, Festicultores Troupe e Ceniza. A banda de música municipal actuará o sábado, unha xornada na que tamén poderá verse o traballo da escola de baile e pandereita de Brión.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion