versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno de Brión adhírese ao convenio para crear o grupo de emerxencias da comarca

[20/06/2013]

A corporación de Brión aprobou onte por unanimidade a adhesión do Concello ao convenio para a implantación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) que substituirán ao Grumir.

Este acordo era de obrigado cumprimento para este municipio porque en Brión estará a sede do único GES que se vai a implantar na comarca de Santiago, segundo consta no plan de emerxencias da Xunta.

No convenio tamén participan a Deputación provincial, a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Durante o debate, o secretario municipal informou os concelleiros de que que a ratificación do convenio obrigará a elaborar un plan económico e financeiro, xa que haberá que facer un forte investimento para financiar o gasto do servizo.

Sobre este asunto, o rexedor, Xosé Luís García, confirmou que estaba a manter conversacións con alcaldes de municipios limítrofes que se van a beneficiar do servizo do GES, polo que lles expón que compartir gastos. O acordo foi ratificado por PSOE e PP, xa que o representante do BNG non puido asistir ao pleno.

A corporación tamén aprobou un expediente de modificación de créditos por importe de 34.800 euros para abonar facturas polo mantemento dos colectores subterráneos e pagos relativos ao taller de emprego.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion