versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno ratifica a adhesión de Brión ao convenio para implantar os GES

[20/06/2013]

Están a negociar con municipios limítrofes para compartir os gastos deste servizo. A Corporación municipal de Brión aprobou por unanimidade onte en pleno a adhesión do municipio ao convenio de colaboración entre Xunta, Fegamp e Deputacións provinciais para a implantación dos grupos de emerxencia supramunicipal (GES).

O secretario explicou que esta ratificación implicará un importante investimento por parte do Concello, o que suporá a elaboración dun plan económico e financeiro, xa que se incorrerá nun déficit, para o que o alcalde de Brión, Xose Luís García, explicou que está en conversacións cos rexedores dos municipios limítrofes aos que se vai a prestar ese servizo para que os gastos poidan ser compartidos.

O pleno tamén aprobou un expediente de modificación de créditos por 34.800 euros para abonar distintas facturas, como a de conservación dos colectores subterráneos ou a parte correspondente aos convenios para o obradoiro de emprego conxunto con Ames e do servizo de drogodependencias. Doutra banda, aprobouse un expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito de 6.400 ? para facturas dunha empresa de mensaxería e outra de electricidade por actuacións na iluminación e nas escolas unitarias.

Ademais, deuse o visto e prace á redistribución de anualidades da primeira fase do abastecemento de Ames e Brión, polo cal a achega inicial de 819.000 euros pasa a ser de 200.000 euros e reduciuse a taxa polo uso da piscina. Finalmente, saíu adiante a moción socialista en defensa do Xulgado de Paz e unha nacionalista contra a minería salvaxe contaminante.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion