versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A escola de música de Brión abre a matrícula e oferta 62 novas prazas

[15/06/2013]

A escola de música Magariños, do municipio de Brión, abre o vindeiro luns, 17 de xuño, o prazo de matrícula para o curso 2013-2014. Unha vez rematado o período para a renovación de praza dos alumnos e alumnas deste ano, a escola oferta 62 vacantes para rapaces e rapazas de nova admisión.

Según explican dende o Concello, as novas prazas que se ofertan repartense do seguinte xeito: 12 son de preiniciación musical; outras 24 de música e movemento, e as restantes 26 de instrumentos. Estas últimas son 6 de piano, 6 de frauta traveseira, 3 de saxofón, 2 de trombón, 2 de trompeta/fliscorno, 2 de clarinete e unha praza de trompa, guitarra e tuba/bombardino.

Indicar que o prazo de matrícula da escola estará aberto ata o vindeiro día 19 de xullo na secretaría da escola municipal, en horario de 10.00 a 13.00 horas (de luns a venres) e os martes de 16.00 a 19.00 horas.

Máis información a través do teléfono 981 50 99 03 ou do blog http://escolamusicamagarinos.blogspot.com.es.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion