versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A policía de Brión busca na zona á persoa que amordazou a un can

[13/06/2013]

A Policía Local de Brión e persoal do servizo de emerxencias do municipio abriron unha investigación para tentar localizar á persoa ou persoas que abandonaron o cachorro cairo que na tarde do domingo apareceu atado e amordazado con cinta illante dentro dun dos sumidoiros abertos na zona do vertedoiro da Rañalonga para evitar posibles filtracións de residuos.

O rexedor brionés, Xosé Luís García, recoñeceu onte o impacto que xerou no municipio este suceso, pero tamén recalcou que é probable que os responsables do abandono non sexan veciños de Brión, xa que os animais abandonados adóitanse deixar lonxe do seu lugar de orixe. Con todo, García confía en que a imaxe distribuída do can amordazado arroxe novas pistas para que quen teña pistas sobre o animal informea a Policía Local, que recoñece o seu especial interese por esclarecer os feitos, do mesmo xeito que o persoal de Emerxencias de Brión, xa que un dos seus membros foi o que participou na recuperación do animal tras recibir o correspondente aviso.

Mentres isto ocorre, o animal recupérase na vivenda da veciña de Ames cuxa familia o atopou mentres paseaba con varios dos seus cans por Rañalonga, unha zona, explica o rexedor local, moi pouco transitada.

García recoñece que o sumidoiro no que apareceu o cachorro estaba tapado cunha laxa metálica, pero os sucesivos roubos do material provocaron que as tapas se substituísen por pedras de gran tamaño.

O cachorro, un macho de apenas tres quilos de peso, xa ten dono, segundo confirmou María Branco, que logrou a súa adopción utilizando as redes sociais, polo que entregará ao animal nos próximos días.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion