versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Abre ao tráfico o viario de acceso á AG-56 que alivia o tráfico de Brión e Negreira

[13/06/2013]

Xunta e Concello achegan posturas para executar o acceso que falta. A autovía Santiago-Brión, a AG-56, dispón desde onte dun novo ramal de acceso que permite canalizar o tráfico que chega desde a parroquia de Vos Ánxeles e que tamén reducirá o volume de vehículos da comarcal de Noia (Ames), ademais de mellorar as conexións con Negreira.

Pese ao elevado desembolso económico do proxecto, cun custo que finalmente se disparou até os 3,4 millóns de euros, o certo é que o trazado agora aberto cumpre parcialmente os compromisos adquiridos anos atrás pola Xunta co Concello de Brión. Os convenios subscritos entre ambas as administracións establecían unha conexión para a zona de Vos Ánxeles (a que está operativa desde onte) e outra para a parte alta do municipio, que está paralizada desde hai anos por razóns económicas.

A pesar de que o Concello de Brión reclamou por vía xudicial unha indemnización de preto de cinco millóns de euros, o rexedor brionés, o socialista Xosé Luís García, e o conselleiro de Política Territorial, Agustín Hernández, compartiron cordialmente o acto inaugural. Ademais, o propio conselleiro confirmou que pese ao enfrontamento inicial existe o ánimo de adoptar unha solución «intelixente» que satisfaga a ambas as partes.

García lembrou que a Xunta non pagou nada pola ocupación dos terreos polos que agora discorre a autovía a cambio do compromiso adquirido para executar ambos os ramais de acceso, un acordo asinado no ano 2007 e que cinco anos e medio máis tarde só está asumido parcialmente pola Administración autonómica.

Un millón de vehículos ao ano

Segundo os cálculos da Xunta, polo novo tramo de acceso á autovía Brión-Santiago pasarán ao ano ao redor dun milleiro de vehículos desde o viario de Vos Ánxeles até A Picaraña.

O departamento autonómico tamén resalta que deste millón de vehículos uns 130.000 son camións e que a súa apertura beneficiará a unha poboación de máis de corenta mil acodes de Ames (contorna de Bertamiráns), Brión e Negreira.

O viario desemboca desde A Picaraña a Vos Ánxeles nunha rotonda á altura da Senra, na comarcal de Noia, e atravesa o río Pego cun viaduto de catorce metros.

O viario consta de dous carrís de 3,5 metros de ancho cada un e beirarrúas de medio metro por sentido.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion