versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Aumentan as peticións para adoptar ao can rescatado en Brión

[12/06/2013]

A imaxe do cachorro que apareceu en Brión dentro dun sumidoiro atado e amordazado con cinta illante vermella para que non pedise auxilio conmoveu a innumerables persoas que transmitiron de moi diferentes formas o seu interese por adoptar ao animal, que desde onte corretea feliz pola leira de Ames da familia que llo atopou mentres paseaba pola zona da Rañalonga e que xa ten tres cans.

María Branco, que denunciou publicamente o ocorrido, recoñece que, ademais de facer pública a impactante fotografía do animal amordazado, ese mesmo día xa se puxo ao choio para atoparlle un fogar. E practicamente conseguiuno. Por iso, agora revisa as peticións e convida a quen se interesaron pola o animal que acudan á rede de refuxios para que adopten unha mascota de forma responsable.

No rescate do cachorro participou Emerxencias de Brión, que atendeu a chamada de María Branco. Neste servizo dispoñen dun lector para comprobar se os animais teñen microchip. Como era de esperar, o peludo cachorro non está rexistrado, o que dificulta a localización do seu anterior dono, ou donos, xa que non é descartable que no cruel abandono participasen máis persoas, ante a dificultade de que unha soa puidese mover a laxa coa que taparon o sumidoiro.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion