versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Cultivar a súa propia horta é o mellor premio para os escolares de Brión

[07/06/2013]

Os alumnos do colexio de infantil e primaria de Pedrouzos (Brión) están a comprobar este curso que o traballo ben feito dá, literalmente, bos froitos, aínda que neste caso sexan produtos de horta como patacas, calabacines e acelgas. E aínda que unha tarefa como a de recoller tubérculos é unha das máis duras do campo, o certo é que, segundo o cadro docente que participa no proxecto ambiental, «ou peor castigo que lles podes aplicar en non deixarlles ir á horta». Por este motivo, onte foi un día grande para un grupo de cuarto curso que recolleu as patacas do horto que comparten cos demais escolares de infantil e primaria.

As patacas non saíron do colexio, pero o certo é que do horto de Pedrouzos si se exportaron outros cultivos. Como o espazo é limitado, cada escolar levou un ramallete de acelgas e os gañadores dun sorteo conseguiron un calabacín. As cebolas tampouco participaron na repartición porque con elas van elaborar tortillas para celebrar o fin de curso.

Este proxecto forma parte do programa ambiental Voz Natura, co que tamén están a plantar flores. Voz Natura está promovido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente e a Deputación provincial xunto ás empresas Sogarisa e O Corte Inglés. Colaboran Enel Green Power España, Coca Cola e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion