versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión deseña unhas -Tardes de verán- con actividades de lecer para reunir ás familias

[06/06/2013]

Sendeirismo, xogos de rol, sesións de paintball e visitas a parques temáticos de lecer en Cerceda e Marín forman a oferta lúdica perfilada polo Concello de Brión para as súas «Tardes de verán», que arrincará o día 29 deste mes e que se prolongará até finais de xullo.

A elección das actividades, segundo explica o Concello, ten como obxectivo ofrecer alternativas de lecer que poidan gozar ao mesmo tempo todos os membros da mesma familia, polo que non poden considerarse programas de conciliación.

O custo de cada unha ascende a doce euros para os adultos, aínda que os menores de dez anos non pagarán, salvo as actividades ás que accedan en distintos recintos.

A primeira tarde de verán consistirá nunha excursión ao parque acuático de Cerceda, mentres que o 4 de xullo está previsto un xogo de rastrexo que emulará á historia El señor de los anillos de Tolkien.

Unha sesión de paintall completa a oferta lúdica, con traslado até Caldas de Reis o 11 de xullo, unha proposta de día completo con comida campestre nunha praia fluvial.

Visitas a Marín e Touro O goce das instalacións do parque multiaventura de Marín está planificado para o día 23 xullo, unha xornada que tamén inclúe unha tarde de praia. O 30 do mes que vén péchase o programa cun novo percorrido de sendeirismo pola ruta fluvial de Touro, cun tramo de camiñada menor que na celebrada anteriormente e co engadido dunha comida de campo e tarde de descanso nunha praia fluvial.

Cada actividade ten trinta prazas, polo que o Concello primará, no caso de que a demanda de participantes supere á oferta, aos veciños que estean empadroados.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion