versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Pedagoxía -non curricular- que achega a Brión o teatro de Bolaño

[01/06/2013]

Unha ducia de alumnos do instituto, dirixidos polo grupo Os Quinquiláns, porán hoxe en escea ‘sketches’ de tres obras do dramaturgo no centro social polivalente. Achegar o teatro de Roberto Vidal Bolaño aos brioneses é o obxetivo da representación que esta noite, no centro social polivalente, levará a unha ducia de alumnos do Instituto de Ensinanza Secundaria (IES) de Brión a emular os monólogos del dramaturgo a través de sketches de tres das súas principais obras: Sin ir máis lonxe, Cochos é Rastros. Trátase dunha experiencia pedagoxía ‘non curricular’ dirixida polos integrantes do grupo Os Quinquilláns, Lucho Penabade e Tero Rodríguez.

A representación teatral, baixo o título Sempre aquí, se inscribe nos actos que este ano adica o Concello de Brión a homenaxear a figura de Bolaño, veciño deste municipio nos seus últimos anos de vida, moi vinculado ás actividades culturais e ao centro educativo, e a quen se adicou este ano o Día das Letras Galegas.

En declaracións a este diario, un dos directores da obra, Lucho Penabade, expresó a súa satisfacción co traballo feito cos alumnos do IES e a posibilidade que este tipo de exercicios ofrece para acercar o mundo do teatro aos máis novos. “O teatro tiña que ser curricular e os alumnos ter acceso... pero non é así”, laméntase o director teatral.

Co respecto a obra, dí que “o fundamental neste traballo son os propios actores, o que eles queren trasmitir e como o trasmiten... O igual que Bolaño falaba, nos seus monólogos, ao Apóstolo, estes pequenos actores dirixense a él para falarlle da súa vida cotiá, das súas inquetanzas, do que opinan da crise, da emigración, de cómo é a súa relación cos profesores... dámoslles a oportunidade de que eles conten textos que falan do que falaba Roberto”, explica Penabade. “Non traballamos o vestiario, só a maneira de trasmitir os textos, a interpretación”.

E o resultado, según o integrante de Os Quinquilláns, non pode ser mellor. Por elo, quen quera interactuar con Alex, Camila, Irene, Leda, Lola, Lucas, Manuel, Mª Carmen, Matías, Patricia, Rosalía ou Simón non ten máis que asistir esta noite, a partir das 21.00 horas, ao auditorio do centro social polivalente de Brión e coñecer aínda máis, a través das súas verbas, as mensaxes que Vidal Bolaño quixo deixar vivas.

Pero hoxe os brioneses non só disfrutaran do teatro. Tamén partir das 11.00 horas, no mesmo auditorio, a escola municipal de música Magariños celebra o noveno concerto de fin de curso, no que participarán todos os alumnos matriculados no centro, actuando tanto de xeito individual como en grupo.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion