versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames e Brión abren contactos para máis proxectos conxuntos

[30/05/2013]

Amor e García abordan a creación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal. Os alcaldes de Ames e Brión, Santiago Amor e José Luís García, mantiveron onte un encontro para abordar os proxectos e iniciativas que teñen en común os dous municipios. Amor dixo que se trata de crear «unha canle de comunicación estable para levar a cabo colaboracións » e García indicou que a comisión «demostra que tingamos razón á hora de apostar pola cooperación entre municipios fronte a outras fórmulas artificiais que non levan a ningures».

Na xornada de onte, os dous rexedores visitaron o viveiro de Barouta, no que traballan os alumnos do obradoiro de emprego Encontro Verde, posto en marcha polos concellos e a Consellería de Traballo.

Na reunión, ademais de analizar o traballo do obradoiro de emprego, os alcaldes abordaron cuestións como a posta en marcha do Grupo de Emerxencias Supramunicipal e avanzaron na presentación conxunta á convocatoria de axudas da Consellería de Traballo para a posta en marcha dun programa integrado para o emprego. Este programa InsertAmes-Brión desenvolveríase no período 2013-2014 e contaría con 80 prazas. A colaboración, segundo os rexedores, sería determinante para prestar o servizo de forma «eficaz e eficiente».
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion