versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Unha comisión analizará os proxectos e iniciativas comúns de Ames e Brión

[30/05/2013]

Os alcaldes de ambos os municipios visitaron onte os traballos no viveiro de Barouta. Os alcaldes de Ames e Brión, Santiago Amor e Xosé Luis García, mantiveron onte un encontro para establecer unha comisión na que abordar as iniciativas e proxectos que teñen en común os dous municipios. O obxectivo desta comisión, que se reunirá periodicamente, é o de coordinar e facer un seguimento dos proxectos dos concellos da Maía.

Onte os rexedores visitaron o viveiro de Barouta para comprobar o traballo realizado neste entorno polos alumnos do obradoiro de emprego Encontro Verde, no que colaboran os concellos e que financia a Consellería de Traballo.

Tralo encontro, o rexidor de Ames, Santiago Amor, destacou “a aposta por seguir colaborando e traballando conxuntamente” e fixo fincapé na importancia de “establecer a través desta comisión unha canle de comunicación estable”. Pola súa banda, García, destacou que este encontro “demostra que tiñamos razón á hora de apostar pola cooperación fronte a outras fórmulas artificiais que non levan a ningures”.

O último acordo entre Ames e Brión foi a presentación da solicitude conxunta para poñer en marcha o programa de emprego InsertAmes-Brión para o período 2013-2014.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion