versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os recunchos máis prezados por Vidal Bolaño en Brión

[19/05/2013]

Alumnos do CEIP de Pedrouzos elaboraron un vídeo sobre os espazos que o dramaturgo percorría a diario no concello. “Eu son un home; un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable insiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións hoxe en día máis absurdas do mundo e, sen embargo, máis grandiosas”. Con estas verbas de Roberto Vidal Bolaño comeza e remata un pequeno vídeo elaborado por un grupo de alumnos dos CEIP de Pedrouzos, en Brión, no que os cativos realizaron un repaso pola vida e obra do autor, co gallo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas.

Nesta produción amósanse os recunchos máis prezados polo dramaturgo, que, a pesares de nacer en Santiago de Compostela, se afincou no municipio brionés nos últimos anos da súa vida. Un dos espazos de referencia, como non podería ser doutro xeito, a urbanización na que residía o tamén director, Paseo de Pedrouzos.

Destacan os cativos do colexio brionés que o seu lugar de residencia lle servíu de “inspiración para a súa obra Animaliños”, na que relata “a invasión de miles de caracois na urbanización”. Esta peza conta coa típica sorna galega ao converterse “nunha burla dos urbanitas que van vivir ao campo para ter unha vida máis natural”, explican no vídeo.

O entorno da carballeira de Santa Minia –famosa pola súa romaría que se celebra todos os anos a finais de setembro– era un dos lugares habituais de paso de Roberto Vidal Bolaño e da súa dona, que acostumaban ir polos distintos bares ubicados nos arredores do santuario.

O dramaturgo tamén aproveitaba os días de lecer para pasear co seus fillos tanto por este lugar coma polo impresionante entorno das Torres de Altamira. Segundo explican os rapaces do CEIP Pedrouzos, este era “un dos seus lugares favoritos”. Cecais as súas fermosas vistas do Val da Maís dende o alto do outeiro foron a clave para enganchar ao artista a este espazo.

Regresando á capital municipal brionesa, Santa Minia, cabe lembrar que na antiga casa da cultura, onde estaba ubicada a biblioteca municipal, Vidal Bolaño representou e incluso ensaiou algunhas das súas obras. Este foi o caso de pezas coma a propia Animaliños, ou Os Papalagui.

Un roteiro que converte a Brión noutro lugar de referencia dentro da literatura galega.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion