versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Rueda encomia a estabilidade das emerxencias de Brión -a diferenza dos Grumir-

[06/04/2013]

A Xunta aposta por un modelo de resposta ante as emerxencias estable e profesional, con plena dispoñibilidade do servizo as vinte e catro horas do día e os 365 días do ano. Así o remarcou onte o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que destacou en Brión que a posta en marcha de vinte e cinco novos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) responde, precisamente, a este obxectivo.

Rueda, acompañado do alcalde, Xosé Luís García, visitou a base do Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Brión, que será, á súa vez, sede dun dos novos GES que se irán completando no territorio galego durante os próximos meses.

O vicepresidente destacou que, en breve, asinaranse os convenios entre a Xunta, as deputacións e os concellos para pór a andar o sistema e, a continuación, levará a cabo o proceso de selección de persoal por parte dos municipios e a formación, a cargo da Academia Galega de Seguridade Pública. Xunta, deputacións e a Federación Galega de Municipios e Provincias deseñaron de maneira conxunta un novo modelo para as emerxencias e a súa distribución. O que se busca é a maior cobertura e a mellor atención aos cidadáns cando se produza unha emerxencia.

García aproveitou a visita de Alfonso Rueda para solicitarlle un novo camión de monte, pois o actual necesita ser renovado. O vicepresidente recolleu a proposta do rexedor.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion