versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta asinará en tres meses os convenios de grupos de emerxencia

[06/04/2013]

Rueda visitou onte a sede do Sebri de Brión, elixido como grupo supramunicipal. Os convenios para a posta en marcha dos novos Grupos de Emerxencias Supramunicipal (GES), que substituirán ao Grumir, asinaranse nun prazo máximo de tres meses e garantirán unha atención nun tempo máximo de 20 minutos. Así o asegurou onte o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na visita que realizo á base do Sebri de Brión, elixido como un dos 25 novos grupos.

Rueda, que estivo acompañado polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, e outros representantes municipais, asegurou que a Xunta aposta por un modelo "estable e profesional" que dará servizo as 24 horas durante os 365 días do ano. Tras a firma dos convenios, os concellos iniciarán a selección de persoal que se formarán na Academia Galega de Seguridade Pública.

O GES de Brión, que contará con 12 membros, actuará en Brión, Ames, Lousame, Negreira e Noia. Conta con catro vehículos e o alcalde aproveitou para solicitar un novo camión de monte.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion