versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión oferta minitalleres de informática e a AC os Tilos cursos de alemán

[05/04/2013]

Concellos e asociacións aumentan a súa oferta formativa este mes. É o caso do Concello de Brión, que pon en marcha seis minitalleres de informática, e de AC Vos Tilos que suma agora ás súas actividades os cursos de alemán.

No caso de Brión ábrese o prazo de inscrición para o seis talleres de informática, de dúas horas de duración, nos que se ensinará ao alumno a manexar unha aplicación determinada. A oferta inclúe a edición de blogs, a elaboración da declaración da renda por Internet, a procura de emprego pola rede, a configuración de contas de correo electrónico ou o manexo de mapas. As inscricións poden facerse na casa de cultura ou no 981 509 908. Os cursos impartiranse todos os luns entre o 22 de abril e o 27 de maio.

Pola súa banda, a AC os Tilos ofrece na súa sede cursos de introdución ao alemán, que comezarán o luns 22 de abril e o xoves 25 de abril, e outro de conversación nesta lingua, que se iniciará o 23 de abril. O prezo para os socios da entidade é de 5 euros.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion