versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O manantial centenario e -laico- de Santa Minia

[25/03/2013]

A Fonte de Pedrouzos, construida polo escultor compostelán Xosé Rivas, é todo un símbolo na carballeira brionesa e a súa historia está estreitamente vinculada á da feira. Contan que pese a estar moi vinculada á santa as súas augas non teñen ningunha virtude santificadora. Trátase da fonte de Pedrouzos, situada na entrada da carballeira de Santa Minía e que se construiu hai cen anos para conmemorar o primeiro aniversario da creación da popular feira brionesa. A fonte foi deseñada e construída polo escultor compostelán Xosé Rivas Rodríguez, aínda que a estatua de Mercurio que a coroa é obra de Manuel Cornes, un coñecido canteiro da localidade de Calo (Teo).

Ninguén mellor que Luciano Pena, veciño e autor da sección Historias de Brión da revista Altamira, para explicar que a este manantial laico “chámanlle fonte de Santa Minia polo seu emprazamento na carballeira da santa, pero sen que ás súas augas se lles aplique ningunha especial virtude santificadora. De feito levaba preto de cincuenta anos levantado e naceu como complemento sanitario e ornamental da feira que tanta vida e riqueza trouxo a Brión durante a primeira metade do século XX”. A feira de Pedrouzos inaugurouse o 30 de marzo de 1912, tiña periodicidade mensual e celebrábase o sábado anterior ao último domingo de cada mes. A fonte que naceu para presidir unha feira mensual en auxe na comarca (transformada agora no mercadillo dos martes) foi inaugurada un ano despois, o 30 de agosto de 1913.

“Para comprobar a vinculación da fonte coa feira –explica Pena– basta con observar a estatua que a coroa: é unha clásica representación do deus dos gregos Hermes, que os romanos chamaban Mercurio, é o Deus do comercio. Ademais de patrón dos comerciantes, era mensaxeiro dos deuses; por iso se representa con ás na pucha e mais nas sandalias; na man ergueita amosa o caduceo, dúas serpes enroladas nunha vara de oliveira, formando un oito, símbolo do equilibrio e do movemento cósmico”.

O principal impulsor da feira foi o responsable de financiar a fonte: Vicente Ramos, veciño do Tremo que tiña importantes negocios en Bos Aires. A obra consta dunha pía octogonal e no medio unha pilastra tamén octogonal con catro canos en figura de león botando a auga pola boca. Ten trazas do estilo modernista, que estaba en auxe na época. A fonte e a estatua foron rehabilitadas en 2006 polos obreiros municipais, que tamén acondicionaron o seu entorno. Agora, o artítisco e laico manantial preparase para cumprir, nuns meses, os seus primeiros cen anos de vida.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion