versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Unha mostra de carteis teatrais como homenaxe a Vidal Bolaño

[17/03/2013]

O IES de Brión mantén viva a figura e obra do dramaturgo ao que este ano se dedica o Días das Letras. Pretenden que a exposición teña carácter itinerante. A figura e obra de Roberto Vidal Bolaño continúan moi presentes no instituto de edución secundaria (IES) de Brión. Un centro intimamente vinculado co xenial dramaturgo ao que este ano se adica o Día das Letras Galegas. Por ese motivo, o departamento de Lingua Galega e Literatura ven de por en marcha unha interesante exposición de carteis teatrais do artista que pretenden que sexa itinerante e chegue, tamén, a outros centros de ensino.

Dende o IES de Brión destacan a relación de proximidade con Roberto, que foi veciño do municipio, “un cidadán máis, pero un membro destacado da súa comunidade, como persoa comprometida que foi coa cultura e a lingua galega”, explican os promotores da mostra.

Neste senso explican que a homenaxe que este ano recibe Vidal Bolaño no Día das Letras Galegas xa lla anticipara o centro de ensino brionés cando no curso 2008-2009 celebrara unha programación especial destinada a lembrar ao dramaturgo. Dende esa data a biblioteca escolar do centro toma o seu nome e conta, ademais, cunha sección especializada en teatro, grazas á destacada achega bibliográfica do profesor Manuel Quintáns.

Neste curso, dentro da programación de actividades organizadas polo instituto para conmemorar o Día das Nosas Letras e homenaxear á figura de Vidal Bolaño, o departamento de Lingua Galega e Literatura decidiu por en marcha a exposición de carteis das obras teatrais do xenial dramaturgo. A colección, cedida pola familia de Roberto, pode verse no corredor que conduce a biblioteca do centro e tamén na sala de lectura.

Según explicou Suso Sambade, profesor de Lingua galega e promotor da mesma, “a idea é que a exposición poida percorrer outros centros de ensino interesados nela”. Unha vez que rematen os actos conmemorativos deste ano, conservarase de xeito permanente no IES brionés.

O dramaturgo estaba moi vincunlado ao municipio e ao centro de ensino brionés, que xa no curso 2008-2009 lembrou o artista con diferentes actos.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion