versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A fonte de Santa Minia cumpre cen anos

[10/03/2013]

A fonte de pedra que dá a benvida ao visitante da carballeira de Santa Minia, en Brión, cumprirá o 30 de agosto cen anos. A estrutura instalouse para dar servizo á feira mensual de Pedrouzos. Por este motivo, unha escultura de Mercurio, deus romano do comercio, coroa o deseño, que está en perfecto estado.

Como tantas obras de principios do século XX, a súa construción foi posible grazas á achega dun veciño que fixo fortuna en Buenos Aires, Vicente Ramos, veciño da aldea de Tremo. Este exitoso empresario tamén foi o impulsor da feira, que de mensual pasou a semanal.

O seu deseño correspondeu ao escultor compostelán Xosé Rivas Rodríguez, que tiña un taller en plena rúa do Vilar, un local no que tamén esculpió o grupo de figuras que cobren o frontón da fachada da Facultade de Medicina de Santiago. En canto á estatua de Mercurio que dá altura á fonte, o seu autor foi un coñecido canteiro de Calo (Teo), Manuel Cornes, un nome que figura na base da súa obra, construída con cemento.

Dada a época, o estilo da fonte é modernista, cunha planta basee octogonal e unha pila tamén poliédrica con oito caños, con figuras de leóns por cuxa boca mana a auga.

A historia da fonte e a feira que orixinou a súa construción está recompilada polo brionés Luciano Pena, autor da sección «Historia de Brión» na revista mensual Altamira, que edita o Concello desde hai anos. Pena resalta que a fonte se construíu en Santa Minia medio século despois do santuario.

A auga que mana da fonte procede de Aguiar, un punto situado medio quilómetro arriba da carballeira. E até hai 25 anos, a auga chegaba pola tubaxe orixinal pero substituíuse por outra canalización tras a remodelación da praza. A fonte foi rehabilitada por obreiros municipais no ano 2006.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion