versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno de Brión aprobou pagos de máis de 30.000 euros de gasto de luz

[21/02/2013]

O Concello de Brión aprobou onte no seu pleno ordinario distintos acordos de índole económica. Un deles supuxo a ratificación dun expediente extraxudicial de crédito para o pago de máis de sesenta mil euros en concepto de facturas presentadas no seu maior parte durante este ano aínda que os seus importes correspondían a servizos e gastos do Concello na recta final do 2012.

Máis da metade deste importe, que supera o trinta mil euros, corresponde ao gasto de enerxía eléctrica do mes de decembro do ano pasado. Ademais, o pleno aprobou por unanimidade de todos os grupos (PSOE, PP e BNG) un expediente de modificación de crédito por un importe de 22.263 euros correspondente ao pago da última certificación da obra da piscina climatizada de Pedrouzos. Segundo informa o Concello, «estes cargos aboaranse grazas ás baixas noutras partidas, polo que se cumpre co principio de estabilidade orzamentaria».

O terceiro acordo económico da corporación refírese á actualización do inventario de bens inmobles do Concello, que alcanza os 34,3 millóns. Esta cantidade supón un leve incremento de preto de 130.000 euros, xa que o rexistro de propiedades da Administración local incorpora distintas melloras na rede de saneamento de residuais, obras na AC-300 e o acondicionamento dun almacén para o banco de alimentos.

No apartado de mocións, o BNG pediu máis control na contorna forestal da Rañalonga. A proposta quedou ratificada co compromiso de que a Policía Local incremente a vixilancia nesta zona de alto valor ambiental. O PP presentou unha iniciativa sobre cambios nunha canalización de auga. A proposta non foi aprobada.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion