versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As emerxencias de Brión volven a Milladoiro por un lume nunha vivenda

[06/02/2013]

É a primeira intervención do Grumir desde que se anunciou o acordo para ampliar a súa zona de actuación a Ames. Un incendio na terraza dunha vivenda de Milladoiro foi a primeira intervención en Ames do servizo de emerxencias de Brión desde que se anunciou o acordo para que o Grumir deste concello ampliase a súa zona de actuación para incluír todo o termo municipal amiense.

Os operarios do Grumir brionés tiveron que desprazarse a Milladoiro tras recibir o aviso de que se declarou un lume nun piso da avenida Rosalía de Castro.

O incendio produciuse nun segundo piso e, aínda que non se produciron feridos e só houbo pequenos danos materiais, o suceso si causou certa alarma entre os veciños pola gran cantidade de fume que saía do inmoble.

A chamada de alerta do 112 recibiuna o Grumir de Brión ás 9.30 horas. Inmediatamente, desprazaron até a avenida Rosalía de Castro de Milladoiro un vehículo BUL (Bomba Urbana Lixeira). Tamén foron alertados tanto a Policía Local de Ames como os Bombeiros de Santiago, que finalmente non tiveron que saír do parque debido a que o Grumir brionés enseguida controlou a situación. Non en balde, ás 11 horas xa se pechou a alerta.

O servizo de emerxencias de Brión tamén tivo que actuar o pasado fin de semana nun accidente que tivo lugar na rotonda de acceso da autovía que une Santiago con este municipio. O accidente tivo lugar ás 23.40 horas do sábado, cando o condutor dun turismo perdeu o control do coche e chocou contra a rotonda central. No accidente non se rexistraron feridos. O Grumir limpou a calzada e restableceu o tráfico.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion