versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Rouban cable valorado en 10.000 euros xunto ao campo de fútbol de Brión

[30/01/2013]

Nuns dez mil euros está valorado o cableado eléctrico que, o pasado domingo, foi roubado na contorna do campo de fútbol de Brión. A primeira consecuencia foi que quedou sen iluminación gran parte da zona, próxima ao acceso da autovía que une Santiago con Brión. O alcalde do municipio, Xosé Luís García, está seriamente preocupado por este tipo de roubos que, periodicamente, prodúcense na localidade e na súa contorna. Lamenta ademais as molestias e os prexuízos causados aos veciños.

«Fixemos unha valoración dos dános e do material roubado e ascende a case 10.000 euros, polo que procederemos a habilitar un crédito especial para este labor e que será aprobado ou máis rápido posible», explica o rexedor. García pide a colaboración veciñal para pór fin dunha vez por todas a este tipo de accións. E faino realizando un chamamento «a todos os veciños de Brión a que cando vexan calquera tipo de comportamento sospeitoso, se poñan en contacto coa Garda Civil».

Outro dos problemas derivados do roubo é que o diñeiro que se ía a utilizar noutras partidas deberá ser destinado á repor a iluminación pública, e iso sen garantías de que non volva ocorrer. O alcalde solicita ás autoridades que investiguen a fondo este tipo de actos «porque este material -sinala- non desaparece tan fácil e ten que ir parar a algures». O ano pasado tamén foi roubado o cableado da nova pista de Pádel, situada a uns trescentos metros do campo de fútbol.

«A colaboración veciñal é fundamental para acabar con este tipo de roubos»
Xosé Luís García
Alcalde
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion