versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión aproba definitivamente un orzamento de 4,5 millóns para o 2013

[29/01/2013]

O Concello de Brión deu luz verde de forma definitiva aos seus orzamentos do 2013, tras a aprobación inicial no pleno do día 21 de decembro do documento, e despois de que durante o período de exposición pública non se presentase alegación algunha ás contas, que onte foron publicadas no BOP.

O orzamento para este exercicio ascende a 4,47 millóns de euros, é dicir, un 11 % menos que o ano pasado . O capítulo de gastos de persoal ascende a preto de 1,8 millóns de euros, o que supón un descenso de case un 9,3 % froito da desaparición de subvencións da Xunta e da Deputación para a contratación de persoal e a eliminación da dedicación exclusiva da concelleira de Cultura, Mocidade, Xuventude e Persoal, Patricia Vázquez.

O Concello prevé ademais que o gasto corrente suporá un desembolso de 1,72 millóns de euros, 240.000 euros menos que no 2012 que se explican pola necesidade de reducir os gastos que financiaba integramente o Concello e que tiveron que suprimirse a causa do imperativo legal de cumprimento da estabilidade orzamentaria. Os grupos políticos municipal verán reducida a súa asignación un 50 %.

O capítulo de investimentos reais ascenda a uns 224.000 euros, case 31.000 menos que o pasado exercicio e que se destinarán, segundo remarca o Concello, a complementar con pequenas actuacións o funcionamento de varios servizos.

En canto aos ingresos, os recursos propios da corporación redúcense case un 2 %. A recadación do imposto de instalacións, construcións e obras cae de 80.000 a 25.000 euros este ano e non se prevé ningunha operación crediticia.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion