versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A biblioteca de Brión abre o primeiro Club de Lectura para maiores de 16 anos

[26/01/2013]

Únese ao xa existente para menores, O Camaleón, cuxo éxito propicia a iniciativa. Brión conta dende esta semana con dous clubs de animación á lectura postos en marcha dende a Biblioteca Municipal brionesa. Ao exitoso Club Camaleón, iniciativa na que participan dende outubro familias do municipio con nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, sumouse o mércores a posta en marcha do primeiro Club de lectura, dirixido a maiores de 16 anos e concibido como un punto de intercambio de ideas sobre libros e lecturas entre os socios.

O éxito acadado co Club Camaleón foi, según explican, o que animou ao Concello a crear o Club de Lectura que se reuniu o pasado mércores, por primeira vez, para establecer os mecanismos que rexerán o seu funcionamento.

Na xuntanza do grupo acordouse, entre outras cousas, que as sesións terán lugar cada 15 días, sendo a próxima o mércores 6 de febreiro, ás 20.00 horas. Tamén se decidiu elaborar unha listaxe de obras que poidan estar dispoñibles a través de empréstito ben en Brión ben noutras bibliotecas, así como abrir un apartado adicado ao club no blog da biblioteca brionesa (http://bibliotecadebrion.blogspot.com.es/p/club-camaleon.html).
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion