versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión achegou en 2012 máis de 450 horas de alfabetización dixital

[22/01/2013]

O Concello de Brión achegounos os días pasados os seus máis recentes recontos en materia de promoción e formación de novas tecnoloxías. Ou sexa, no que deu de si en 2012 o Plan de Alfabetización Dixital local, posto en marcha en 2007 e o ano pasado acadando, segundo fan saber dende o consistorio, importantes froitos e “cifras dignas de valorar, e máis nestes tempos polo estamos a pasar, nos que a formación nas novas tecnoloxías da información é tan fundamental e necesaria”.

Deste xeito, e meténdonos xa en cifras concretas, dicir que se contabilizaron 144 horas de obradoiros TIC para maiores (con 34 exames), 85 horas en tecnoloxías para rapaces, 60 horas de iniciación á informática, 120 de Microsoft Word, 60 de Internet, 80 de Microsoft Excel, 30 de Access, 40 de Power Point, 16 de obradoiros TIC e 40 de Photoshop. En total, máis de 450 horas de alfabetización dixital.

O número total de alumnos que recibiron formación e aprendizaxe das novas tecnoloxías nas instalacións do Concello de Brión no ano 2012 andou arredor dos 200, sen contar os usuarios da Aula Aberta da Biblioteca Municipal de Brión.

Segundo informa o Goberno local, “a aposta por unha formación continua vese reflectida nas cifras de alumnado ano a ano, sendo o segredo de todo isto un ensino de calidade e profesionais con anos de experiencia, de feito o docente responsable do plan de Alfabetización Dixital do Concello de Brión dende o ano 2007, Antonio Casal, ten no seu haber máis de 15 anos de experiencia docente en TIC e para colectivos de todo tipo (Adidas, Grifols, Tabacalera, Adecco, Portos de Galicia, Ingafor…)”.

Asemade, indícase, o empurrón definitivo para a formación local chegou no ano 2009, coa montaxe no antigo salón de plenos dunha aula CeMIT, na cal se desenvolven os cursos, co apoio da aula informática e teórica do Centro Social Polivalente.
 


Enlace a Codigo Cero

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion