versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Asemblearias puxo o broche ao teatro afeccionado de Brión

[21/01/2013]

A actuación do grupo Andaravía Teatro, coa versión do clásico de Aristófanes, pechou o sábado, e con éxito de público, o VI Festival Pedra Moucho de Ons. O grupo Andaravía Teatro, coa súa obra Asemblearias, unha chamativa versión do clásico do teatro grego escrito por Aristófanes, puxo o pasado sábado o broche á sexta edición do festival de teatro afeccionado Pedra Moucho de Ons (Brión). Unha mostra que se puxo en marcha a principios do mes de novembro e na que os cómicos e compañías participantes recibiron de xeito masivo a calor e o apoio dun público que sente o festival de teatro como propio.

Asemblearias, que se representou ás 20.30 horas no teleclube de Ons, é unha versión do clásico do teatro grego escrito por Aristófanes na que se aproveita para facer unha sátira da traxedia grega. Unha representación na que participaron unha ducia de persoas, dirixidas polo coñecido artista e dramaturgo Kukas.

Tralo peche da mostra, a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, sinalou que esta sexta edición do ciclo de teatro Pedra do Moucho, que organiza a asociación que leva ese nome, “foi todo un éxito, tanto pola asistencia de público como pola calidade dos grupos que actuaron durante estes tres últimos meses”.

Tres meses nos que o teleclub de Ons se encheu para ver as actuacións dos grupos afeccionados Teatro Badius, Teatro Rueiro, Ditea Teatro e os brioneses Trangalleiro Teatro.

O festival Pedra do Moucho está organizado pola asociación cultural e deportiva da parroquia de Ons que leva ese nome, en colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) e o Concello de Brión.

Este ano a compañía Badius Teatro, de Zas, foi a encargada de abrir una mostra, con entradas libres e de balde, o pasado 10 de novembro representado a obra Facer o sueco, un divertido enredo no que o xefe sueco do protagonista, que traballa no Ikea da Coruña, vén devolverlle unha visita e como é de orixe esquimó, en Suecia cedéralle a súa muller, cousa que o seu empregado galego non está disposto.

"O teleclube encheuse durante estes tres meses de asistentes para ver as actuacións de Badius, Rueiro, Ditea e os brioneses Tranguelleiro Teatro"
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion