versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Novos tradutores do IES de Brión compiten a nivel europeo

[17/01/2013]

Foi o único instituto galego seleccionado por Bruxelas para participar no concurso Juvenus Translatores que promove o intercambio lingüístico e sociocultural. Cinco estudantes de 2º de Bacharelato do IES de Brión compiten por ser os mellores tradutores, nacidos en 1994, da Unión Europea. O instituto brionés foi o único galego seleccionado dos 54 centros españois que participan no Juvenus Translatores 2012, un concurso que convoca anualmente, desde 2007, a Comisión Europea para fomentar o estudo de idiomas e a tradución como pezas crave para potenciar o intercambio lingüístico e sociolcultural entre os países da UE.

"Se os europeos queremos estar unidos na diversidade, como reza a lema da UE, tememosque ser capaces de entender outras linguas ademais da nosa". Este foi o primeiro parágrafo que leu Ana Souto, cando mergullando por Internet se atopou co Juvenes Translatores. "Gústanme os idiomas e quero estudar Filoloxía ou Tradución", explica esta moza de 17 anos, unha do cinco seleccionadas que soña con recoller o premio en Bruxelas o próximo mes de abril.

Xunto a Ana participan tamén no concurso Alba Sonora, Nerea Lago, Gabriel González, e Ivana Neira. Os seus traballos, que presentaron a finais de novembro, foron coordinados polas profesoras do departamento de Inglés, Bernice Finn e Pilar Moreno. Entre as linguas oficiais da UE, elixiron o inglés para realizar un traballo que será avaliado por tradutores profesionais que darán a coñecer o seu fallo o próximo mes de febreiro.

Os cinco estudantes do IES de Brión tiveron que traducir un texto escrito á súa lingua materna, un traballo que fixeron sen computador, só con dicionarios. "O nivel dos textos é moi bo, pero hai que esperar. A mellor tradución será aquela que soubese transmitir todos os xiros, matices, termos coloquiais do texto orixinal .. Non é só traducir as 500 palabras do texto", explica Bernice Finn. "Se o orixinal che fai sorrir ou esperta curiosidade, a tradución debe facer o mesmo".

"O nivel dos textos que presentaron o cinco alumnos é moi bo", asegura Bernice Finn, do departamento de Inglés do instituto brionés.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion