versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames acaparou o 25 % das intervencións do Grumir de Brión

[16/01/2013]

A brigada actuou en 60 situacións de emerxencia no municipio veciño. Ames rexistrou 60 das 371 intervencións realizadas o ano pasado polo Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) de Brión. Foi o segundo termo municipal que máis actividade xerou á brigada brionesa de emerxencias, que no ámbito do seu propio concello efectuou a maioría das actuacións, en concreto, 294.

Do total dos traballos realizados no municipio amiense, 23 estiveron relacionados con incendios e 17 coa limpeza de viarias logo de accidentes. Ames concentrou máis da metade das asistencias realizadas en materia de lumes polo Grumir brionés, que sufocou no municipio veciño 11 incendios urbanos, 5 forestais, outros tantos en vehículos e 2 de escasa importancia.

O balance da brigada de emerxencias tamén inclúe as intervencións rexistradas nos municipios nos que deixou de prestar servizo ante a eliminación das axudas dela Xunta para o mantemento das brigadas. É o caso dos concellos de Negreira, Teo, Rois, Santiago e Boqueixón, onde o Grumir de Brión actuou, respectivamente en sete, seis, dous, unha e outras situacións de diferente natureza. Os efectivos só atenden así os casos de emerxencia que se rexistran en Ames, onde o Concello brionés prolongo durante o mes en curso o servizo á espera de pechar de maneira inminente un protocolo de cooperación na materia.

A memoria de actividade do Grumir arroxa, en liñas xerais, un descenso do 8,4 por cento respecto das actuacións realizadas no 2011. A propia brigada atribúe ese descenso ao menor número de intervencións en incendios forestais durante o ano pasado, cando a cifra de intervencións en lumes de diversa natureza ?43? foi a mesma que a rexistrada un ano antes só en incendios forestais. Outro dos datos que se especifican no balance incumbe aos accidentes de tráfico, que xeraron un total de 72 intervencións, entre as que figuran 8 excarceracións, 44 limpezas de vía, 13 sinalizacións viarias, 4 asistencias sanitarias e 3 asistencias a vehículos. As actuacións do Grumir en accidentes de tráfico localizáronse en Brión (49), Ames (17), Negreira (3), Teo (2) e Rois (1).
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion