versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O servizo de emerxencias de Brión realizou 371 actuacións o ano pasado

[16/01/2013]

Tráfico e incendios centran o 31% das súas intervencións, que baixaron respecto de 2011. O servizo municipal de emerxencias e protección civil do Concello de Brión (Grumir) realizou un total de 371 intervencións en 2012, o que representa un descenso do 8,4% con respecto ao exercicio anterior. Do total, o 31 por cento (115 intervencións) estiveron relacionadas con incendios ou accidentes de tráfico.

Segundo o balance feito público, a maior parte das intervencións do Grumir de Brión en 2012 realizáronse no propio termo municipal, en concreto 294 (o 73,5%); seguido de Ames, con 60 actuacións (23,45%); Negreira, con 7; en Teo 6, Rois con 2 e Santiago e Boqueixon, cunha en cada caso.

MENOS INCENDIOS

No balance, o Concello atribúe o descenso do 8,4% con respecto a 2011, ao menor número de actuacións relativas aos incendios forestais, que baixaron das 82 ás 43 rexistradas o ano pasado (-47,5%).

No que respecta aos sinistros de tráfico, os servizos de emerxencia realizaron un total de 72 intervencións, entre elas oito excarceracións; 44 limpezas viarias; 13 sinalizacións viarias, 4 asistencias sanitarias e 3 asistencias a vehículos.

En canto ás actuacións causadas polos temporais, o ano pasado creceron lixeiramente, ao pasar das 42 de 2011 ás 45. A maior parte delas consistiron na retirada de árbores, inundacións ou desprendementos.

Ademais atenderon 66 instalacións, retiraron 59 animais mortos, realizáronse 86 accións por medición de gas, abríronse 17 portas e buscáronse 5 persoas.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion