versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Paideia investiga en Brión técnicas de reforestación de cerdeiras e carballos

[09/01/2013]

A Fundación Paideia dispón no municipio de Brión dun laboratorio que está a traballar na produción in vitro de cerdeiras para a súa reforestación. O sistema empregado para dispor das plantas realízase a partir de clons seleccionados previamente polo seu potencial de crecemento e pola súa resistencia a distintas enfermidades.

Este traballo realízase no marco dun convenio subscrito para o período 2012-2013 entre a entidade Paideia e a Consellería do Medio Rural. En virtude deste acordo, Paideia traballa para incrementar a produción de plantas de cerdeira e investiga para certificar novos clons para mellorar a produción.

E a Medio Rural correspóndelle proporcionar material de base das especies que se desexan cultivar e que proceden do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán para mellorar a produción autóctona.

En base a este convenio, o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto, visitou o laboratorio de Paideia para supervisar os traballos que permiten dispor de plantas de calidade. Os clons envíanse a un viveiro da Xunta en Tui para a súa posterior plantación en toda Galicia.

Na fundación tamén abarcan proxectos para a produción de máis especies autóctonas, como o carballo.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion