versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Dous coches chocan en Rois e Emerxencias de Brión excarcera ao seu tres ocupantes

[04/12/2012]

Unha colisión entre dous vehículos no corredor Brión-Noia (CG-1.5), á altura da aldea de Pazos, en Rois, saldouse onte con tres feridos, que tiveron que ser excarcerados por operarios do Grumir de Brión.

As vítimas, dous homes e unha muller, viaxaban nos dous coches sinistrados e tiveron que ser trasladados nunha ambulancia do 061 ao Hospital Clínico de Santiago.

O accidente produciuse ás 15.30 horas en sentido a Santiago. O servizo de emerxencias do 112-Galicia deu aviso ao Grumir de Brión, que enviou a catro operarios a bordo da pick up e a Bomba Urbana Lixeira (BUL). A presenza deste vehículo era necesaria porque os ocupantes estaban atrapados nos coches. No rescate tamén colaboraron os bombeiros de Boiro.

No lugar do accidente, situado na parroquia de Urdilde, tamén se acudiu Protección Civil e a Garda Civil, xa que foi necesario regular o tráfico durante a excarceración e o traslado do tres feridos, pero a vía non quedou cortada porque os vehículos quedaron fóra da calzada.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion