versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Unha persoa resultou ferida ao chocar un turismo e unha furgoneta en Bastavales

[03/12/2012]

Unha persoa resultou ferida onte nun accidente ocorrido pouco antes do tres da tarde en Bastavales (Brión).

Segundo informou o Servizo de Emerxencias de Brión, o sinistro produciuse cando, por causas que está a determinar a Garda Civil de Tráfi co, chocaron frontolateralmente un Renault Clío e unha Furgoneta Peugeot Partner. O primeiro vehículo envorcou, tal como pódese apreciar na imaxe que acompaña esta información. Ao lugar trasladáronse unidades tanto do equipo de emerxencias local como do 061 e de Tráfi co. Cando desde o 112 trasladouse o aviso ao Servizo de Emerxencias de Brión comunicouse que había persoas atrapadas, polo que saíron do parque catro acodes en dous vehículos e equipo de excarceración.

Ao peche desta edición descoñecíase a identidade da persoa ferida, que foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago. Tamén foron mobilizados os bombeiros da veciña localidade de Santa Comba, aínda que a súa intervención non foi necesaria e regresaron á base, unha vez que se soubo que se fixeron cargo os compañeiros de Brión. Durante a xornada de onte non transcenderon outros accidentes de tráfi co de importancia, nin en Santiago nin na súa contorna.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion