versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As extras dos funcionarios brioneses servirán para amortizar débeda do Concello

[29/11/2012]

O Concello de Brión decidiu destinar o diñeiro que lle correspondería recibir aos funcionarios e persoal pola paga extra de decembro a amortizar débeda a longo prazo. O importe por este concepto ascende a 130.030 euros e del tamén se van a desviar fondos para atender servizos de emerxencia social en Brión.

En canto á retribución extraordinaria que lle correspondería ao rexedor, Xosé Luís García, e aos concelleiros que teñen dedicacións parciais do Concello, o fi n da mesma será o programa de recollida de alimentos cun montante que supera os 3.200 euros. Estes fondos están incluídos nos expedientes de modificación de créditos que a corporación municipal aprobou onte por unanimidade.

Pago a provedores

Con antelación a este acordo, o pleno aprobou un expediente para un recoñecemento de débeda de 77.076 euros, que corresponden a facturas de provedores.

O Concello optou por esta fórmula para liquidar facturas sen ter que recorrer á fórmula de solicitar un crédito bancario como fixeron a práctica totalidade de municipios da contorna compostelá.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion