versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Alcalde e concelleiros de Brión ceden a -extra- ao programa de alimentos

[29/11/2012]

A Corporación aprobou o expediente de crédito para o pago a proveedores. O pleno extraordinario celebrado onte en Brión aprobou por unanimidade un expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito de 77.076,11 euros para o pago a provedores, así como outro expediente de modificación de créditos por importe de 130.030 euros para amortizar unha operación de crédito a longo prazo e unha axuda para emerxencia. Uns cartos nos que se incluén os 3.200 euros procedentes das renuncias ás pagas extras de Nadal do alcalde e dos edís con exclusividade, que serán destinadas ao programa de alimentos.

En canto o expediente extraxudicial de crédito de 77.076 euros, destínase ao pago aos proveedores que se adheriron no seu día ao plan convocado polo Estado e que xa tiñan cobradas estas débedas dende hai meses. Trátase do segundo e último recoñecemento extraxudicial de crédito que aproba a corporación brionesa dentro deste Plan de Pago a Provedores.

Así mesmo, segundo se explicou durante a asesión, o expediente de modificación de créditos por 130.030 euros é para para a amortización dunha operación de crédito a longo prazo e unha partida de axudas de emerxencia. Uns cartos que se financiarán con cargo ao remanente de tesourería de 2011 e á redución das nóminas do persoal funcionario decretado polo Goberno do Estado.

CESIÓN

Dentro deste expediente é donde figura unha partida de máis de 3.200 euros procedentes da renuncia da paga extra de Nadal por parte do alcalde, Xosé Luís García, e os concelleiros con dedicación exclusiva ou parcial no Concello de Brión.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion