versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Teo e Brión queren disolver a Mancomunidade de Santiago

[28/11/2012]

O alcalde de Ames, máis prudente, pide consultar ao resto de concellos. A Mancomunidade compostelá, integrada polos concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Val do Dubra e Vedra, camiña cara á súa desaparición como consecuencia da súa nula actividade durante os últimos anos. Tanto é así que na reunión celebrada onte en Santiago para aprobar a liquidación do orzamento do ano pasado, os rexedores de Teo, Martiño Noriega; e de Brión, Xosé Luís García, expuxeron abertamente a disolución da entidade.

Dunha forma máis prudente, pero abrindo tamén a porta á liquidación, pronunciouse Santiago Amor, rexedor de Ames, aínda que deixou unha físgoa á esperanza ao sinalar que antes de tomar unha decisión tan drástica é necesario coñecer a opinión dos demais municipios.

E onte non houbo máis pronunciamientos porque os alcaldes dos demais concellos non acudiron á convocatoria. Como anfi triona santiaguesa do encontro, celebrado en Raxoi, participou Reyes Leis, primeira tenente de alcalde da cidade, por delegación de Anxo Currás.

A primeira formulación de Leis foi repetir o argumento esgrimido por Santiago desde hai meses: hai que revitalizar a institución. Pero fronte a este postulado, os rexedores de Teo e Brión falaron abertamente de pór fi n á entidade de forma «amigable» e practicamente sen marcha atrás.

Proba diso é que o secretario da Mancomunidade recibiu o encargo expreso de elaborar un informe sobre o procedemento a seguir para disolver a institución. Esta petición tamén incluíu o prazo orientativo de fi nales deste ano ou xaneiro do 2013.

Reyes Leis confi rmó tras o encontro que a orde do día non permitía tomar máis acordos que os relativos á liquidación do orzamento, unhas contas do 2011 que darán que falar porque teñen superávit aínda que hai concellos que non pagan as súas achegas aferrándose ao argumento de que a institución compostelá «non fai nada».

A clara aposta de Teo e Brión por disolver a Mancomunidade e o criterio máis contido de Ames para coñecer o parecer dos demais municipios prodúcese de forma paralela aos contactos deste tres concellos para compartir servizos e reducir custos.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion