versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión deberá examinar a 93 candidatos para unha praza de auxiliar administrativo

[27/11/2012]

Aprobar unha oposición nos tempos que corren é todo un luxo. Por este motivo, a convocatoria por parte do Concello de Brión dunha oposición para cubrir unha praza de auxiliar administrativo disparou as inscricións até superar o centenar.

Pero de todas elas, unha quincena quedáronse fóra do proceso por diferentes motivos, o que suporá que o tribunal opositor terá que revisar 93 exames. O proceso de admisión de demandantes concluíu a principios de mes e corresponde a unha praza que o Concello de Brión tiña incluída na oferta pública de emprego do ano 2010.

A praza que o Concello brionés desexa ocupar correspóndese ao posto de auxiliar administrativo para o departamento de Tesouraría e Recadación, aínda que tamén poderá asumir funcións correspondentes á súa categoría laboral pero noutros departamentos municipais.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion