versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os jabalíes provocan un novo accidente na saída da autovía

[23/11/2012]

O corredor que dá continuidade á autovía Santiago-Brión converteuse nun novo punto negro da rede viaria da comarca compostelá e non precisamente polos problemas do fi rme, senón pola invasión de jabalíes da calzada, unha circunstancia que nas últimas semanas provocou dous accidentes de gran impacto, aínda que sen graves danos entre os condutores afectados.

A segunda colisión produciuse na noite do mércores cando M.B.S.E, unha muller de 36 anos de idade, resultou ferida despois de que o seu vehículo chocase contra dous jabalíes no corredor de saída da AG-56 no termo municipal brionés. A condutora circulaba en dirección a Noia e atopouse de fronte cos animais, que cruzaban a estrada, polo que non puido manobrar e arroiounos.

Como consecuencia da colisión, os corpos esnaquizados dos animais quedaron sobre a calzada e o turismo resultou moi deteriorado.

Efectivos do servizo de Emerxencias de Brión acudiron ao lugar do accidente para atender á muller e retirar os restos dos animais para que a circulación pola estrada recuperase a normalidade.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion