versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Trangalleiro leva hoxe a Brión -O enfermo imaxinario-

[23/11/2012]

Nove veciños e veciñas do municipio, de entre 50 e 65 anos, forman o grupo de teatro afeccionado. O centro social polivalente de Pedrouzos (Brión) acolle hoxe, ás 20.30 horas, a estrea da obra O enfermo imaxinario, posta en escea polo grupo de teatro afeccionado brionés Trangalleiro Teatro. Unha actuación que se inscribe dentro da mostra de teatro Pedra Moucho, organizada polo Concello, en colaboración coa Deputación da Coruña, a Federación Galega de Teatro Afeccionado e a Consellería de Cultura. A entrada é totalmente libre e de balde.

Elisa Iglesias, codirectora da obra, explica que este grupo, composto por nove veciños e veciñas de Brión de idades comprendidas entre os 50 e os 65 anos, “levan máis dun ano ensaiando esta obra, pois é unha peza dunha duración de hora e dez minutos e tomárono moi en serio e tamén con calma”. Ao igual que nas anteriores ocasións, agárdase un cheo absoluto no auditorio, polo que xa está prevista unha segunda representación no propio centro social polivalente este mesmo domingo 25 de novembro, ás 17.30 horas.

O enfermo imaxinario é unha adaptación dunha famosa obra de Moliére, que conta a historia dun home hipocondríaco que quere casar á súa filla cun médico para garantirse un tratamento de por vida. Unha comedia de 1 hora e 10 minutos de duración que estará dirixida por Elisa Framil e Sergio Lago.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion