versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un concerto e o filme -Billy Eliot- pechan o Santa Cecía en Brión

[22/11/2012]

0 concerto didáctico co que se conmemora hoxe o día da patroa da música e a proxección, mañá venres, do filme Billy Elliot, pecharán este ano as IV Xornadas Musicais Santa Cecía que organiza o Concello de Brión en colaboración coa escola de música Magariños.

Así, para hoxe, a partir das 20.00 horas, a sala de exposicións da casa da cultura de Brión acollerá o concerto didáctico a cargo do quinteto de metais Santa Cecía. Unha formación que está composta por cinco músicos de diferentes agrupacións instrumentais e profesores de conservatorios de Galicia: Miguel Brea Seoane (trompeta), Roberto Verde Prieto (trompeta), Miguel Brotóns Pérez (trompa), Roberto Rodríguez Fagúndez (trombón) e Raúl Galán Cervero (tuba). O concerto é de asistencia libre e de balde, ata completar aforo.

As IV Xornadas Musicais Santa Cecía clausuraranse mañá, venres 23 de novembro, coa emisión da película Billy Elliot. Nesta ocasión, a cita é ás 20.00 horas na aula 5 da escola Municipal de Música magariños. A entrada é libre e de balde, según a información facilitada polo Concello.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion