versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O teatro afeccionado gaña adeptos en Brión

[17/11/2012]

O grupo Badius, de Baio (Zas) abriu con éxito o sexto festival Pedra do Moucho, que converte a parroquia de Ons en todo un referente do bó facer dos novos cómicos galegos. Pese a perda de apoio institucional, a cultura segue a estar moi viva nos municipios e as parroquias de Terras. Un bó exemplo delo é comprobar como o teatro afeccionado gaña adeptos ano a ano no municipio compostelano de Brión grazas á celebración do festival Pedro do Moucho. Trátase dunha mostra que organiza dende hai seis anos a asociación cultural e deportiva que leva ese mesmo nome e que está a convertir a parroquia brionesa de Ons en todo un referente do bo facer dos novos cómicos galegos.

A compañía Badius Teatro, de Baio (Zas), que puso en escea a obra Facer o Sueco, abriu este ano o VI Festival de Teatro Afeccionado Pedra Moucho, cunha interpretación que fixo as delicias e arrincou o sorriso de preto dun cento de veciños e veciñas de Brión que encheron o telecentro da parroquia na noite do sábado, 10 de noviembre.

Facer o Sueco é unha comedia dirixida por Alberte Villar que xira en torno a un divertido enredo que ten lugar cando o xefe sueco do protagonista, que traballa no Ikea da Coruña, vén devolverlle unha visita. Como é de orixe esquimal, en Suecia cederalle a súa muller, cousa que o seu empregado galego non está disposto a facer agora, o que que da lugar a múltiples enredos e confusións.

Tralo bó sabor de boca que deixou Badius Teatro, os amantes do teatro afeccionado teñen outra cita en Ons o vindeiro sábado, día 24, xornada na que collerá o testigo da interpretación o grupo Rueiro de Vigo que representará a peza teatral A miña muller e o fontaneiro, unha comedia orixinal de Hugo Daniel Marcos.

TRANGALLEIRO

Xa no mes de Nadal, retómase a mostra o día 1 de decembro coa chegada de Teatro de Cámara Ditea que acudirá a Ons coa obra Acto imprevisto. Para o 15 de decembro chega unha das citas máis esperadas, a dos brioneses Trangalleiro Teatro. Farannos rir co seu Enfermo imaxinario.

O VI Festival Pedra Moucho pecharao, o 19 de xaneiro, a compañía Andaravía Teatro que porá en escena a obra Asamblearias. Todas as representacións comezarán as 20.30 horas no teleclube e a entrada é de balde.

Con esta última representación, a parroquia de Ons despedirá por sexto ano consecutivo unha mostra incluída dentro dos ciclos de teatro Fegatea 2012-2013 e que organizan á asociación cultural e deportiva Pedra do Moucho, en colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) e o Concello de Brión.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion