versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta non prevé abrir a variante de Brión até o primeiro trimestre

[31/10/2012]

A Conselleria de Medio Ambiente e Infraestruturas prevé que a variante de Brión poida entrar en funcionamento durante o primeiro trimestre de 2013, unha vez que estean finalizadas todas as obras do tramo da AC-300. Desa forma, o departamento autonómico non atenderá a petición realizada ou polo Concello de Brión para que se procedese á apertura urxente do tramo que permitiría circular aos vehículos entre a estrada de Noia e a entrada/saída da autovía Santiago-Brión, e que segundo os responsables municipais está finalizado desde hai un ano.

Na súa petición, o alcalde de Brión, Xosé Luís García pide a apertura do tramo porque "o numeroso tráfico que discorre pola pista municipal paralela está a afectar ao firme" e que a súa reparación terá un custo para o Concello.

Pola súa banda, desde a Consellería aseguran que "a obra non está terminada pero, nestes momentos, está a traballarse na ponte sobre o Río Pego, que estará terminado neste ano e, a continuación, remataranse as obras no tronco estendendo as capas restantes de firme". Ademais, engaden que "sempre que a climatoloxía permita o desenvolvemento previsto dos traballos, estes estarán rematados no primeiro trimestre de 2013".
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion