versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Brión Cultural encherá de actividade e colorido o outono

[25/10/2012]

A exposición de pintura, escultura e fotografía ‘Matinando’ , de 11 artistas, abre hoxe unha programación na que non faltan o teatro, a música e o tradicional magosto. Neste tempo que estamos a vivir, máis gris e outonal que nunca, nada mellor que encher de colorido e actividade cultural a axenda cotiá para esquecer, aínda que sexa por uns chisquiños, unhas horas, uns días, o negro panorama económico que nos envolve. Unha das opcións atopámola dende hoxe no Concello de Brión, que pon en marcha o seu outono cultural cun denso programa de actividades, todas elas gratuitas, no que non faltan o teatro, a música, as exposicións e mesmo, como non podía ser doutro xeito, un magosto.

A exposición de pintura, escultura e fotografía Matinando, na que se pode disfrutar da obra de once artistas, abrirá esta tarde, ás 20.30 horas na casa da cultura, esta ampla oferta cultural. A mostra permanecerá na sala brionesa ata o día 14 de novembro.

Xusto un día despois, mañá venres 26, os amantes da guitarra clásica poderán disfrutar na escola municipal de música Magariños do concerto de Xosé Guzmán. Será ás 20.00 horas.

O Brión Cultural terá continuidade en novembro, mes no que o teatro será o gran protagonista das actividades. As representacións das compañías profesionais terán como epicentro o complexo polivalente, mentras que o teatro afeccionado voltará a ter o seu espacio, en decembro, co VI Ciclo de Teatro Afeccionado Pedra Moucho, neste caso no teleclube.

Abrirá o telón, o venres 9 de novembro no centro social polivalente, a compañía Verdeverás Expresións Artísticas, coa súa obra Tacóns na corda. Un día despois, o sábado 10, Teatro Badius ofrecerá en Ons a súa obra Facer o sueco. Ambas representacións serán a partires das 20.30 horas.

O tradicional magosto popular e chocolatada na carballeira de Santa Minia pecharán o día 30 os actos culturais de novembro.

O cartel inclúe o VI Ciclo de Teatro Afeccionado Pedra Moucho, que marcará a actividade no mes do Nadal e voltará a sorprender co bo facer dos novos cómicos.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion